
Do 3 de setembro ao 31 de outubro de 2010
Escolle o día no calendario para ver os seus concertos
Preséntase a programación dos Espazos Sonoros 2010 nun acto en San Domingos de Bonaval en Santiago.
O acto, no que se puido escoitar unha breve actuación do grupo Xograresca, contou coa presenza do Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, do Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez e da directora artística do programa, Belén Bermejo López.
Aberto o prazo para inscrición no obradoiro para facer dun xoguete un instrumento electrónico de Olaf Ladousse e na camiñada polo camiño portugués e a ruta do mar de Arousa e Ulla.
>>> Camiña connosco polo camiño portugués e a ruta do mar de Arousa e Ulla. Saída do convento de Herbón (Padrón) ás 15.30 h. Inscrición do 3 ao 15 de setembro en actividades@espazossonoros.org)
>>> Obradoiro para facer dun xoguete un instrumento electrónicoEspazos Sonoros na Illa de San Simón
Na segunda semana de setembro, habilitarase o sistema de reserva para asistir aos concertos e a información complementaria.
A web da Illa de San Simón habilitará o sistema de reservas para asistir aos concertos programados na illa de San Simón en outubro.
Asemade, proporcionaremos a información precisa para facer as reservas (sistema), datos que se solicitarán, prezos, forma de pagamento, horarios e normas de acceso.
Pregamos permanezan atentos á páxina web e á información que se publique ao respecto.
O acto, no que se puido escoitar unha breve actuación do grupo Xograresca, contou coa presenza do Conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, do Director Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López Rodríguez e da directora artística do programa, Belén Bermejo López.

Galería Presentación Espazos Sonoros 2010