Escoitas arredor de...

EMILIO CAO

Emilio Cao: arpa

Venres 11 de outubro 20.00 h

CGAC, Santiago de Compostela (A Coruña)

 

O noso pequeno espazo de conversa e música ao vivo volve ao Centro Galego de Arte Contemporánea en Compostela e faino da man dun dos nosos máis senlleiros músicos de Galicia, o arpista e cantautor Emilio Cao. Fundador e memoria viva da etiquetada como música celta, artista cunha fonda traxectoria como concertista, Emilio Cao compartirá co público as súas experiencias vitais e a súa música. 

 Emilio Cao, compositor, arpista e cantante, é un dos músicos pioneiros e referente dentro da música folk e o primeiro que recuperou a arpa como instrumento para interpretar música tradicional, como continuador da tradición trobadoresca medieval. Con máis de trinta anos de traxectoria profesional e concertos en escenarios de toda Europa, Emilio Cao leva publicados diversos traballos discográficos, sempre vinculados á poesía, e realizou numerosos proxectos musicais como bandas sonoras para teatro, audiovisuais e danza contemporánea.

emiliocao.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos