Caxade

Alonso Caxade: voz e acordeón
María Pontraga: voz e pandeira
Manuel Paino: trompeta e bombo
Manuel Espinho: bombardino

 

Domingo 29 de setembro, 19.00 h

Salgadeiras de Moreiras, O Grove (Pontevedra)

 

Alonso Caxade, acordeonista en PELdeNOZ, no Cuarteto Caramuxo e bombardinista na Orquestra Os Modernos, presenta o seu novo proxecto persoal, que iniciou en setembro de 2012 coa publicación da súa primeira videocreación Dança dos Moscas. A boa aceptación que tivo a presentación deste primeiro traballo viuse superada pola seguinte produción presentada un mes despois, Gente Pota, peza nomeada aos Premios Mestre Mateo 2013. Sr. Xorda, a súa terceira estrea, supuxo o asentamento deste proxecto. Ao tempo, Caxade comeza a traballar na creación dunha banda para interpretar as músicas coa que agora se presenta e coa que obtivo o primeiro premio no Certame Música Xove' 12.

O proxecto en solitario de Caxade defínese a si mesmo como música elegante, modesta e sinxela, cun discurso metafórico e reivindicativo, con arrecendo de surrealismo posmoderno, que encaixa coas demandas da sociedade actual.

caxade.wordpress.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos