Marcos Teira, guitarra flamenca

FLAMENCO TRANSLATIONS

Sábado 14 de setembro, 20.00 h

Museo Etnolóxico de Ribadavia (Ourense)

 

Cunha longa traxectoria como guitarrista, Marcos Teira colaborou con sólidas formacións e artistas coma Marful, Narf, Uxía, Rodrigo Romaní ou Budiño. No seu novo traballo en solitario, Flamenco Translations, adapta músicas de todo o mundo á linguaxe do flamenco, unha música rica en ritmo, en melodía e, desde hai algúns anos, tamén en harmonía, grazas a artistas coma Paco de Lucía, Manolo Sanlúcar, Jorge Pardo ou Chano Domínguez, e da que pouco ou case nada sabemos malia a proximidade xeográfica.

Alfonsina y el mar, Day Tripper ou La flor de la canela son algúns dos temas que inclúe no seu repertorio. A través das súas adaptacións, Marcos Teira consegue facer viaxar estas e outras músicas polas paisaxes novas e vellas da guitarra flamenca. O concerto de Espazos Sonoros mostra tamén algunhas composicións do propio músico que presentou recentemente en escenarios de países coma Estados Unidos, Arxentina, Suíza, Marrocos ou Mozambique.

A de hoxe será unha oportunidade única para achegármonos ao flamenco, da man dun dos nosos máis sólidos intérpretes e para afondarmos, un pouco máis, na comprensión desta música.

marcosteira.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos