Marisol Mendive e Andrés Díaz

UN LIBRO NA CAIXA

Músicas para órgano e menestrel. Obras de Urrede, Cabezón, Ortiz, Pablo Bruna e Martín i Coll
Marisol Mendive: órgano
Andrés Díaz Pazos: frautas, chirimía, baixón e baixonciños

 

Domingo 22 de setembro, 19.00 h

Igrexa de Santa María a Real, de Xunqueira de Ambía (Ourense)

 

O órgano pode parecer un instrumento solitario, pero nin o foi nin o debe ser. As voces de xeito fundamental, pero tamén os instrumentos, acompañaron ou foron acompañados polos seus sons. Este pequeno programa, que pechará a rolda polos órganos de Ourense, pretende facer unha demostración de como os diversos instrumentos de vento da época (frautas, chirimía, baixóns...) se complementan de forma natural co órgano. Unha práctica secular da que poderemos gozar no magnífico instrumento de Xunqueira de Ambía, coa escoita de pezas polifónicas e do repertorio orgánico de destacados compositores ibéricos dos séculos XVI e XVII. Durante o concerto desvelarase tamén o enigmático título do programa, que garda relación tanto cos órganos coma cos menestreis que tocaban ao seu carón.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos