Música Acordada, conxunto instrumental barroco

DE CORDAS, TUBOS E TECLAS

Obras de Haendel, Corrette, Geminiani e Jose Antonio de Seixas
Roberto Santamarina, M.ª Xosé Pámpano, Carmen Varela, Nieves Marcos: violíns primeiros
Benito Buide, Montse Ferreiro, Jorge González, Antonio Ferreiro: violíns segundos
Belén Ferreiro, Itsaso Bermejo: viola
Maika Novoa, Noia Suárez: violonchelo
Alfonso Morán: contrabaixo
Valentín Novio: guitarra barroca
Lorenzo de los Santos: clave
Marisol Mendive: órgano

 

Domingo 27 de outubro, 20.00 h

Igrexa do mosteiro de San Rosendo de Celanova (Ourense)

 

Música Acordada é un dos máis recentes e prometedores proxectos do panorama musical galego. Inicia as súas actividades en 2012 cando varios músicos e profesores de corda de diferentes conservatorios de Galicia, interesados na interpretación da música dos séculos XVII e XVIII, deciden formar unha orquestra para afrontaren os repertorios propios do Barroco.

Aínda que o conxunto instrumental non emprega exclusivamente instrumentos de época, nas súas interpretacións intenta ofrecer a sonoridade e a estética máis próxima á que se supón propia deste período da historia da música, a partir de criterios historicamente informados e das fontes máis próximas ás orixinais. De feito, algúns dos membros desta orquestra contan cunha formación especializada e son integrantes de recoñecidas agrupacións dedicadas á interpretación da música antiga.

O conxunto instrumental estreará en Espazos Sonoros o seu novo proxecto De Cordas, tubos e teclas, xunto á organista Marisol Mendive, un programa centrado no papel do órgano como instrumento solista no Barroco, xa que son poucos os autores que escribiron concertos para órgano e conxunto orquestral, entre eles, algúns dos que aquí se interpretarán.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos