Odaiko Percussion Group

GALICIAN ON BOARD

Fran Troncoso: percusións
Félix Rodríguez: percusións
Antonio Ocampo: percusións
Juan Collazo: percusións

 

Domingo 15 de setembro, 20.00 h

Museo do Castro de Viladonga, Castro de Rei (Lugo)

 

 

Integrado por percusionistas cunha fonda formación e traxectoria concertística, Odaiko converteuse, desde a súa presentación en Holanda en 2002, nun dos grupos galegos de percusión máis innovadores e con máis proxección internacional.

Odaiko toma o seu nome dun tipo de tambor oriental, caracterizado pola súa cor vermella e o seu dominante son. Nos seus concertos xuntan tradición e modernidade, melodía e ritmo, forma e improvisación, en diálogo creativo entre os músicos intérpretes e tamén co público.

En Galician on board, Odaiko presenta un repertorio variado no que as percusións contemporáneas, como marimbas ou vibráfono e percusións electrónicas coma o xylosynth, se fusionan con elementos da música tradicional galega, entre os que atopamos tamén apeiros de labranza que foron empregados como instrumentos para marcar o ritmo das tarefas e alegrar os longos días de traballo no campo.

 

odaiko.es

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos