The Delightful Companion

CONCERTO DE IMPROVISACIÓN LIBRE

Javier María López Rodríguez: frauta, frauta contralto en sol
Vadim Yukhnevich: acordeón
Pablo Pérez: contrabaixo

 

Sábado 19 de outubro 20.00 h

Museo Massó, Bueu (Pontevedra)

 

Está o músico atado á partitura que lle ofrece o compositor? É máis libre o músico sen partitura? Está tamén atado o improvisador á súa bagaxe de atavismos, mentres que o músico convencional é libre sobre a partitura? É a improvisación froito do azar puro ou, pola contra, pode ser froito dun proceso creativo coherente e organizado?

A improvisación é unha práctica que se estendeu nas últimas décadas a outros xéneros máis alá do jazz para establecerse, a finais do século XX, como unha corrente musical de seu. Aínda que próxima no tempo e presente ao longo da historia da música, son poucas as claves das que dispoñemos para comprender esta linguaxe musical.

The Delightful Companion –formación integrada polo músico e compositor Javier María López Rodríguez, Vadim Yukhnevich e Pablo Pérez– abre unha páxina dentro da programación de Espazos Sonoros dedicada ás linguaxes musicais contemporáneas, cun concerto arredor da improvisación libre.

Con carácter previo ao concerto, o público poderá participar nun pequeno obradoiro de achegamento á teoría e á práctica da improvisación, unha actividade na que se ofrecerán fragmentos sonoros inspirados en formas máis ou menos abertas, en tensión entre o determinado e o indeterminado e na que o propio público será tamén o protagonista.

O resto, será o que ha de ser...

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos