Herbens Consort

TRES CANTATAS ITALIANAS DE GEORG FRIEDRICH HAENDEL

Mi palpita il cor (HWV 132c), No se emendará jamás (HWV 140), O come chiare e belle (HWV 143)

 

HerbensC_web.jpg

Indra Sesti di Lucca, soprano
José Antonio Campo, tenor
Eliseu Mera, barítono
Felipe Rodríguez, frauta
Diego Rojo, arquilaúde
Beatriz Junco, violín barroco
Carlos García Amigo, viola de gamba, violonchelo, dirección

 

Domingo 11 de outubro, 19.00 h

Santa María de Aciveiro, Forcarei (Pontevedra)

(Coñece o teu patrimonio: ás 15.00 h, ruta pola senda das Neveiras) 


O Herbens Consort é un conxunto musical especializado no repertorio barroco, que se constituíu no verán de 2013 por iniciativa de Carlos García Amigo, Diego Rojo e Eliseu Mera, coa finalidade de participar no I Festival de Música de Herbón, As notas do pemento, do que se converteu no seu grupo residente. Esta formación pon un especial interese en potenciar a escoita da música en directo (#sempreunplugged). Cun ton desenfadado, ao tempo que co rigor que impón unha atenta escoita, os seus concertos teñen unha importante carga didáctica e facilitan o establecemento dun diálogo co público asistente, nun intento de aproximar persoas do século XXI a un período da música afastado no tempo, mais non na expresividade da linguaxe. De aí, que os seus membros se declaren #barrocoscomati; iso si, co debido respecto aos patróns estilísticos básicos da época. 

O programa escollido para esta ocasión achéganos á obra escrita á beira do Mediterráneo, polo compositor alemán Georg Friedrich Haendel, froito da súa estadía en Italia entre 1706 e 1710, a través de tres obras emblemáticas pertencentes ao corpus de cantatas italianas, dúas delas escritas nese período e, a terceira, Mi palpita il cor, composta xa en Inglaterra, pero debedora do estilo e refinamento desenvoltos polo autor ao seu paso por Italia.

 

www.herbensconsort.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos