CANTOS DE CEGO DE GALICIA E PORTUGAL

 

CPrata_ANinas_Lisboa_sm.jpg

 

César Prata, voz, guitarra, viola braguesa, guitelele, adufe, concertina, loops
Ariel Ninas, voz, zanfona, percusións miúdas, loops

 

Domingo 11 de setembro, 19.30 h

Castelo de Santa Cruz, A Guarda (Pontevedra)

(Coñece o teu patrimonio: ás 11.30 h, xornada no Baixo Miño: entre viñas e fortes

Este dúo conformado por músicos procedentes de Galicia e Portugal presenta unha proposta arredor dun personaxe singular na cultura musical universal, a persoa invidente que canta e fai música, e o seu repertorio recollido en ambas as beiras do Miño. Un conxunto de cancións de temática común: crimes, romances, parrafeos de namorados, desgarrada, feitos históricos, cancións de orixe sefardí, historias que durante séculos, desde a Idade Media ata os nosos días, acompañaron a paisaxe sonora de feiras, romarías e rúas.

Dous músicos de ambos os países, Galicia e Portugal, recrean estas cancións cunha variada instrumentación —zanfona e guitarra, viola braguesa, concertina, harmónica, adufes e percusións miúdas— nun programa composto, a partes iguais, por melodías galegas e portuguesas, recollidas en cancioneiros ou rexistradas directamente de informantes de Mesía, Pinhel, A Guarda, Fonsagrada ou Viseu. Estas cancións graváronas recentemente para formar parte do primeiro disco do dúo.

A fortaleza, castelo de Santa Cruz, na Guarda simboliza mellor ca ningún outro este punto de encontro, lugar fronteirizo e defensivo entre as dúas marxes do Miño que se unen, a través das músicas da tradición galega e portuguesa, arredor da chamada “literatura de cordel”.

artistas.folque.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos