A DIALOGUE

DÚOS INGLESES E ITALIANOS PARA LAÚDES RENACENTISTAS

 

Compagna.jpg

María Luz Martínez e Rafael Muñoz, laúdes renacentistas

 

Domingo 18 de setembro, 19.00 h

San Salvador de Vilar de Donas, Palas de Rei (Lugo)

(Coñece o teu patrimonio: ás 17.30 h, visita guiada)

 

La Compagna é un dúo formado polo galego Rafael Muñoz e a andaluza María Luz Martínez, que naceu coa intención de afondar na interpretación dos repertorios de música para laúde renacentista, sobre todo dúos para laúde, un repertorio aínda descoñecido, pero dun exquisito refinamento compositivo.

Os compoñentes de La Compagna teñen unha fonda formación académica no eido da música antiga e da corda pulsada, con estudos de posgrao na Staatliche Hochschule für Musik de Trossingen (Alemaña), un dos centros de referencia para o estudo e interpretación da música antiga, baixo a dirección de mestres como Rolf Lislevand, co que traballaron a fondo estes repertorios. Cunha intensa carreira como concertistas, os músicos integrantes desta singular formación, levan ofrecido concertos en Alemaña, Suíza, Italia e España, tanto a dúo como en colaboración con outras formacións de renome como Poème Harmonique, Los Músicos de Su Alteza, Salzburger Bach Choir ou La Bellemont.

O programa está centrado nos duetos italianos e ingleses para laúde, un repertorio dunha elevadísima calidade que mostra, ao tempo, o marcado contraste existente, en canto ao estilo compositivo, entre ambos os dous países. No concerto teremos oportunidade de escoitar obras de John Dowland, Thomas Robinson, Francesco da Milano ou Joan Ambrosio Dalza, entre outros.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos