La Xácara

FOLÍAS GALEGAS

MONODÍAS EUROPEAS IN STILE MODERNO: ARIAS, FOLÍAS, XÁCARAS E CHACONAS

 

La_Xacara_copia.jpg

Julia Cea, canto
Víctor Illán, guitarra barroca
Valentín Novio, tiorba e guitarra barroca
Ramón Pérez-Sindín, cravo
Pablo Ruibal, viola da gamba

 

Sábado 24 de setembro, 19.00 h

Castelo de Monterrei, Monterrei (Ourense)

(Coñece o teu patrimonio: ás 16.30 h, visita guiada)

 

La Xácara é un grupo de recente creación formado por experimentados músicos galegos, que levan décadas dedicados á interpretación de música antiga. A súa intención é a de ofrecer programas de concerto que abranguen un repertorio centrado na música vocal e instrumental española e europea dos séculos XVI e XVII, sobre todo a música que se interpretaba nas representacións teatrais a xeito de entremeses, entre os actos dos dramas e as comedias, cancións, tons e danzas como a xácara, que lle dá nome a esta formación.


O programa do concerto fará un percorrido pola música vocal e instrumental do Barroco,  amosando a riqueza e diversidade das músicas do Seicento e Setecento, cunha escolla de formas afastadas entre si, tanto no tempo como na estética, desde arias de ópera e cantatas ata cancións e danzas populares como diferenzas, chaconas e folías. Entre elas, interpretaranse as coñecidas Folías gallegas, de Santiago de Murcia, recollidas no Códex Saldívar, que lle dan título ao programa e permiten enlazar, ademais, as músicas europeas coas músicas que se desenvolvían, na altura, no Novo Mundo.

laxacara.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos