Tres Pesos

ACTA FUNDACIONAL

MÚSICA DE RAÍZ, MÚSICA DE HOXE

 

Tres_pesos.jpg

 

Felisa Segade, voz e percusións tradicionais
José Antonio Ferreira (Pepe de Calo), gaita, clarinete, voz e percusións
Estevo Lamas, acordeón, voz e percusións

 

Sábado 10 de setembro, 19.00 h

Museo Etnolóxico de Ribadavia, Ribadavia (Ourense)

(Coñece o teu patrimonio: ás 15.00 h, ruta fluvial de Ribadavia a Francelos)

 

Felisa Segade, Estevo Lamas e Xosé Antón Ferreira, tres músicos de fonda traxectoria no eido da música tradicional, son os impulsores do proxecto Tres Pesos. Tres xeitos de facer, tres adictos á nosa música, tres caras da mesma moeda. Un proxecto, un soño. Tres voces e tres vidas vinculadas a ducias de proxectos culturais, Malveiras, Colexiata, Pradairo, Limagoia, A Ponte Vella, Ker-cuez, Estivada de Calo, Arreixeira, Leilía, Liceo de Noia ou Brincadeira. Centos de horas sobre o escenario e miles fóra del, soñando coa nosa música, coa nosa tradición. Ducias de mestres e centos de alumnos aos que veñen formando no ámbito da música tradicional e centos de colaboracións en diferentes proxectos cos máis importantes artistas galegos e do resto do mundo.

O proxecto nace en 2013 e sae a escena, por primeira vez, nun concerto realizado  nas festas de San Pedro do ano 2014, en Santiago de Compostela. Nese mesmo ano gravan o seu primeiro traballo, Acta fundacional, nos estudios da Radio Galega, nove temas que resumen a esencia do que son os Tres Pesos, música de raíz, música de hoxe.

trespesos.tk

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos