Edición 2017

 

 

  • Sábado 2 de setembro, 20 h

Igrexa de Santa María de Mezonzo, Vilasantar (A Coruña)

Marco e Angela Ambrosini e Eva-Maria Rusche

CONCERTO INAUGURAL

(Coñece o teu patrimonio. Ás 11 h, xornada en Vilasantar)

 

  • Domingo 3 de setembro, 16.30 h

Mosteiro de Santa María de Sobrado, Sobrado dos Monxes (A Coruña)

Obradoiro de achegamento á música antiga 

(Coñece o teu patrimonio. Ás 15.30 h, visita guiada)

 

  • Sábado 9 de setembro, 20 h

Igrexa de Santa Mariña de Sela, Arbo (Pontevedra)

Favola d’Argo

(Coñece o teu patrimonio. Ás 15 h, ruta pola contorna de Santa Mariña de Sela)

 

  • Sábado 16 de setembro, 19 h

Mosteiro de Montederramo, Montederramo (Ourense)

Xavier Díaz-Latorre

(Coñece o teu patrimonio. Ás 12.30 h, ruta do Bidueiral de Gabín)

 

  • Domingo 17 de setembro, 19 h 

Castelo de Pambre, Palas de Rei (Lugo)

Samuel Diz

(Coñece o teu patrimonio. Ás 17.30 h, visita guiada)

 

  • Sábado 23 de setembro, 19 h

Os fornos da Pontenova, A Pontenova (Lugo)

Xesús Vaamonde e Xosé Lois Romero

(Coñece o teu patrimonio. Ás 12 h, ruta do antigo ferrocarril)

 

  • Sábado 30 de setembro, 20 h

Igrexa de Santa María de Godos, Caldas de Reis (Pontevedra)

Manseliña

(Coñece o teu patrimonio. Ás 17 h, visita ao obradoiro de campás Ocampo)

 

  •  Sábado 7 de outubro, 17.30 h

Igrexa de San Salvador, Lourenzá (Lugo)

Estrea de Parábase, de Pablo Seoane 

(Coñece o teu patrimonio. Ás 10.45 h, roldas pola paisaxe organística galega)

 

  • Mércores 11 de outubro, 20.30 h

Liceo de Ourense (Ourense)

Alejo Amoedo e Susana de Lorenzo

(Coñece o teu patrimonio. Ás 19 h, visita guiada polo Arquivo Histórico Provincial de Ourense)

 

  • Domingo 15 de outubro, 20 h

Igrexa de Santa María, Baiona (Pontevedra)

Austrian Baroque Company

CLAUSURA


Debes ter en conta

Os concertos son de balde e a entrada libre, ata completar a capacidade.

Nas actividades con prazas limitadas sinaladas no catálogo, é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas a través do correo electrónico actividades@espazossonoros.org.

Cada persoa poderá facer un máximo de catro reservas.

Para a reserva deberase achegar o nome completo de cada unha das persoas participantes, así como un teléfono de contacto.

O día da actividade deberase presentar o código de referencia da reserva recibida por correo electrónico coa confirmación da inscrición.

Non se lle permitirá a entrada a ningunha persoa que non estea inscrita previamente.

Os menores de 18 anos deberán ir acompañados por un adulto maior de idade que se faga responsable del ou dela para todos os efectos. 

 

COMO CHEGAR:

Para coñeceres a localización de cada un dos espazos, busca en Googlemaps o mapa de Espazos Sonoros 2017.

 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos