Austrian Baroque Company

AUSTRIA IMPERIALIS - MÚSICA INSTRUMENTAL VIRTUOSA DA CORTE DOS HABSBURGO

 

OMAN_CONSORT_O_organo_da_companhia_doutra_maneira_11_copia.jpg

 

Florian Hasenburger violín barroco
Wolfgang Heiler fagot barroco
Daniel Oman guitarra barroca
Martina Schobersberger clav 
Michael Oman frautas de bico e dirección

 

Domingo 15 de outubro, 20.00 h

Igrexa de Santa María de Baiona (Pontevedra)

CLAUSURA

 

A Austrian Baroque Company é unha formación de cámara austríaca de renome internacional especializada na interpretación de música instrumental e vocal europea dos séculos XVI a XVIII. Conformado por nomeados especialistas formados nas máis prestixiosas universidades de Europa, os seus programas tentan subtraer a música da súa retórica tradicional para lle transmitir ao público toda a súa emoción. Nestas tarefas destaca a carismática presenza do seu director, o virtuoso frautista Michael Oman. Desde a súa formación, en 2001, o grupo protagonizou concertos nas máis importantes salas e festivais internacionais de Europa, América e Asia, cun estilo persoal e inconfundible caracterizado por unha extrema viveza e emocionalidade que non deixa indiferentes os oíntes e que os levou, ao longo das dúas últimas décadas, a converterse nun dos referentes do panorama musical austríaco e a conquistar a escena musical internacional. 

Con eles emprenderemos unha viaxe desde a Viena imperial do Kaiser Leopold I, ata Innsbruck, planeando sobre os cumes dos Alpes e botando unha ollada cara ao sur no outono dun Barroco que se comeza a sentir coa morte, en Viena, dun empobrecido e esquecido Antonio Vivaldi. Pequenas alfaias e saborosas exquisiteces musicais intemporais dunha incipiente “Unión Europa, arredor do 1700” que o Austrian Baroque Company rememora con toda a emoción e virtuosismo dos seus intérpretes. 

www.abcmusic.at 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos