Favola d'Argo

LAGRIME TUTTE CARE- CANTATE A VOCE SOLA E OBRAS PARA CLAVE OU ARPA DO PRIMO SEICENTO ITALIANO

 

Brescia-Orsini_1_-_foto_W._Gontijo_copia.jpg  Lina-Marcela-Lopez-y-Manuel-Vilas.jpg

Rosana Orsini soprano 
Manuel Vilas arpa barroca italiana
Marco Brescia clave italiano

 

Sábado 9 de setembro, 20.00 h

Santa Mariña de Sela, Arbo (Pontevedra)

(Coñece o teu patrimonio: ás 15.00 h, ruta pola contorna de Sela)

 

Giovanni Felice Sances (Roma, 1600 - Viena, 1679) foi un compositor e cantante de gran prestixio no seu momento. Desde 1636, traballou ao servizo da corte austríaca; primeiramente como tenor e, posteriormente, como mestre da capela imperial. O programa propón un achegamento á obra dunha figura máxima da cantata italiana do Primo Seicento, a través da interpretación, historicamente informada, dalgunhas das súas obras máis emblemáticas escritas para voz soa, con acompañamento de continuo, ademais de obras para arpa ou clave doutros nomes imprescindibles do primeiro Barroco italiano, como Frescobaldi ou Tarquinio Merula

O ensemble Favola d’Argo, con sede na cidade do Porto, está formado por músicos procedentes de Portugal, España e Italia, especializados na interpretación histórica de música antiga e formados nalgúns dos máis importantes centros de ensino europeos. Todos eles conflúen neste proxecto conxunto arredor do repertorio musical e artístico iberoitaliano, con especial atención á música de orixe napolitana. O nome Favola d’Argo inspírase na mítica viaxe que fixeron os argonautas a bordo da nave Argo, na que tamén viaxaba Orfeo, quen cadenciaba os remos facendo valer o don da música para disuadir os navegantes de seren seducidos polo canto das sereas. Neste proxecto, o grupo conta  coa colaboración do arpista galego Manuel Vilas.

 

favoladargo.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos