Manseliña

SEDÍA LA FREMOSA

VESTIXIOS DA LÍRICA MEDIEVAL GALEGO- PORTUGUESA NA TRADICIÓN ORAL GALEGA

Maria_e_Tin_revirados_copia.jpg

 

María Giménez, voz, fídula oval, pandeiro
Valentín Novio, laúde medieval
Pablo Carpintero, instrumentos de vento e percusións do seu obradoiro tradicional 
 

Sábado 30 de setembro, 20.00 h

Santa María de Godos, Caldas de Reis (Pontevedra)

(Coñece o teu patrimonio: ás 17.00 h, visita ao obradoiro de campás Ocampo)

 

Manseliña toma o seu nome dun poema de Estevan Coelho, xograr portugués do s. XIII, no que se atopa unha das poucas e ambiguas referencias á interpretación vocal da música medieval. O grupo, formado por experimentados músicos procedentes do mundo da música antiga e da música tradicional, como María Giménez, Pablo Carpintero ou Valentín Novio, nace co obxectivo de revisar as cantigas medievais galego-portuguesas de Martin Codax ou Afonso X, fusionándoas con exemplos de música tradicional do noroeste da Península que, por temática, melodía ou recursos poéticos, conservan vestixios desta época, movidos pola intuición de que ambas as músicas teñen unha orixe común.

Co afán de xuntar a tradición viva e a lírica medieval, Manseliña combina a voz e réplicas de instrumentos do Pórtico da Gloria e do pazo de Xelmírez con instrumentos tradicionais galegos, cos que procura un pousado e sutil acompañamento.

 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos