Marco e Angela Ambrosini, Eva-Maria Rusche

FANTASIE, RECERCARE, CANZONI E FOLLIE DEL BAROCCO

 

    Ambrosini_copia.jpg

Eva-Maria Rusche, clave
Angela Ambrosini, viola de chaves soprano
Marco Ambrosini, viola chaves contralto


Sábado 2 de setembro, 20.00 h

Igrexa de Santa María de Mezonzo, Vilasantar (A Coruña)

CONCERTO INAUGURAL

(Coñece o teu patrimonio: ás 11.00 h, xornada en Vilasantar)

Grandes mestres como Uccellini, Frescobaldi ou Scheidemann, autores barrocos menos coñecidos como Ariosti, grounds de Dowland, e autores anónimos do 1600 integran un programa inaugural no que conviven músicas de compositores italianos, españois, centroeuropeos e ingleses, e no que terá presenza tamén a tradición escandinava, a través dun instrumento, a viola de chaves, que sobreviviu nas culturas nórdicas desde a Idade Media ata os nosos días.

Unha homenaxe á fantasía dos músicos dunha época, o Barroco, rica en invencións, experimentos e innovacións, da man de tres virtuosas personalidades: Marco Ambrosini, pioneiro na recuperación e renovador dos repertorios para a viola de chaves, instrumento tradicional escandinavo coñecido tamén como nyckelharpa; a talentosa e nova promesa Angela Ambrosini e a organista e clavecinista integrante do grupo Supersonus, Eva-Maria Rusche.

 

marcoambrosini.jimdo.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos