Pablo Seoane

PARÁBASE

PEZA EN SETE PARTES PARA OS ÓRGANOS DE LOURENZÁ

 

Pablo_Seoane3_copia.jpg

 

Pablo Seoane órgano da Epístola
Saúl Puga órgano do Evanxeo

Sábado 7 de outubro, 17.30 h

Igrexa de San Salvador de Lourenzá, Lourenzá, (Lugo)

(Coñece o teu patrimonio: ás 10.45 h, rolda pola paisaxe organística do Camiño do Norte)

 

Jonathan Swift dicía que a sátira é un espello onde un mesmo recoñece a todo o mundo menos a si mesmo. A música sería entón o espello estritamente oposto, pois nela cadaquén recoñécese só a si mesmo de xeito intransferible. O problema é que, ao mesmo tempo, sabemos que calquera música é reflexo tamén dos outros, un reflexo que intuímos tan lexítimo coma o noso. Espello, pois, de xente. Pero reflexo de que? “Parábase” é unha peza en sete partes que atende ao curso desas relacións especulares e á converxencia dos xestos asimétricos, una especie de construción antifonal sobre a dificultade de concibir calquera identidade. 

Foi creada especificamente por Pablo Seoane para Espazos Sonoros e para os órganos da igrexa de San Salvador de Lourezá. “Parábase” está directamente inspirada na natureza xemelga dos instrumentos nos que será interpretada: dous exemplares únicos dentro da paisaxe organística galega que soarán conxuntamente, por vez primeira en moito tempo, nunha singular experiencia sonora. A obra, que porá punto final á sexta xornada de roldas pola paisaxe organística galega, tenta explorar os recursos e as potencialidades expresivas destes dous instrumentos, nos que aínda é posible apreciar a beleza, a nobreza e o porte do seu son, a pesar da inevitable pátina que neles deixou o paso do tempo.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos