OS INSTRUMENTOS POPULARES GALEGOS


SusoVaamonde.jpeg  XoseLoisRomero_copia.jpg

 

Xesús Vaamonde gaitas, zanfona, instrumentos de vento, percusión e voz
Xosé Lois Romero acordeón, instrumentos de percusión e voz

 

Sábado 23 de setembro, 19.00 h

Os fornos da Pontenova, A Pontenova (Lugo)

(Coñece o teu patrimonio: ás 12.00 h, ruta do antigo ferrocarril)

 

Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero preséntannos unha completa viaxe a través das ferramentas da tradición musical de Galicia: os instrumentos populares galegos. A longa traxectoria destes músicos arredor do folclore, como fundadores ou colaboradores de grupos como Leliadoura, Luvas Verdes, o Grupo Tradicional da Agadic, Vaamonde, Lamas & Romero, Nova Galega de Danza, Xacarandaina ou Alivoria, e a súa condición de multiinstrumentistas permítelles ofrecer un variado repertorio de músicas nun ameno concerto a dúo, no que interpretarán pezas do repertorio tradicional galego, nas que alternan e combinan con virtuosismo e mestría un instrumento melódico e outro de percusión. 

Entre os instrumentos que poderemos descubrir durante o concerto, están distintos tipos de gaitas, unha zanfona, un acordeón, requintas e frautas, ocarinas e asubíos, así como unha gran variedade de percusións, como o bombo, pandeireta, pandeira, pandeiro, lata, tixola, tarrañolas ou charrasco. Ademais, amosarase como evolucionaron estes instrumentos ao longo do tempo, principalmente nestes últimos anos, tanto na súa construción coma nos seus usos e posibilidades.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos