A GUITARRA E OS SEUS CAMIÑOS

 

foto_sol_rebollo_guitbarroca_2_2_copia.jpg

 

Xavier Díaz-Latorre guitarra medieval, renacentista, barroca e viola de man


Sábado 16 de setembro, 19.00 h

Mosteiro de Montederramo, Montederramo (Ourense)

(Coñece o teu patrimonio: ás 12.30 h, ruta do Bidueiral de Gabín)

 

O guitarrista catalán Xavier Díaz-Latorre presenta en concerto un programa que fai un percorrido pola historia da música, desde a Idade Media ata o Barroco, no que mostra a evolución dun instrumento —a guitarra— desde as súas formas máis arcaicas, a guitarra medieval e renacentista, pasando pola viola de man, ata chegar á guitarra barroca.

Xavier Díaz Latorre é un dos máis nomeados intérpretes especializado en instrumentos antigos de corda pulsada. Presente nos festivais internacionais máis importantes de Europa, Estados Unidos, América do Sur e Asia, forma parte de prestixiosas formacións como Hesperion XXI ou Le Concert de Nations, que dirixe Jordi Savall, e leva a cabo unha intensa actividade dentro do mundo da ópera barroca. Ofrece, ademais, numerosas actuacións como solista, co seu grupo Laberintos Ingeniosos, especializado na música do Século de Ouro español e a dúo co percusionista Pedro Estéban.

 

www.xavierdiazlatorre.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos