Edición 2018

 

  • Sábado 1 de setembro, 20.00 h

Marés

CONCERTO INAUGURAL

O Quinteiro de Temperán, O Grove (Pontevedra)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 10.00 h, xornada a carón das Illas Atlánticas)

 

  • Domingo 2 de setembro, 19.00 h

Sax Antiqua

Campamento romano de Ciadella, Sobrado (A Coruña)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 17.00 h, visita contextualizadora)

 

  • Sábado 8 de setembro, 20.30 h

Capella Sancta Maria

Igrexa de Santa María, Baiona (Pontevedra)

 

  • Sábado 15 de setembro, 19.00 h

M.Sancho Quartet

Casa Grande de Trasalba, Amoeiro (Ourense)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 11.00 h, xornada literaria e de lecer arredor da figura de Otero Pedrayo)

 

  • Domingo 16 de setembro, 19.00 h 

VIVID Consort

San Martiño de Mondoñedo, Foz (Lugo)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 15.00 h, tras as pegadas do mariscal)

 

  • Domingo 23 de setembro, 17.00 h

Obradoiro de achegamento á música antiga

Santa María de Castrelo, Castrelo de Miño (Ourense)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 15.00 h, visita ao taller de luthería de Ismael Vaz)

 

  • Domingo 30 de setembro, 19.00 h

PER-SONAT

San Pedro Fiz do Hospital, O Incio (Lugo)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 12.00 h, roteiro polo patrimonio arqueolóxico, xeolóxico e industrial do Incio)

 

  • Domingo 7 de outubro, 19.00 h

Romanza 

CLAUSURA

San Xiao de Moraime, Muxía (A Coruña)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 12.00 h, ruta dos muíños)

 

Debes ter en conta

Os concertos son de balde e a entrada libre, ata completar a capacidade. 

Nas actividades con prazas limitadas sinaladas no catálogo, é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas a través do correo actividades@espazossonoros.org.

Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas.

Para a reserva deberase achegar o nome completo de cada unha das persoas participantes, así como un teléfono de contacto.

O día da actividade deberase presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición. 

 

A túa colaboración é imprescindible

Lembra que temos que ser responsables co medio ambiente e co patrimonio visitado. 

Antes de participar nas actividades paralelas, asegúrate de que a ruta se adapta ás túas capacidades físicas en función do percorrido e duración. Ás persoas maiores de 75 anos non é posible ofrecerlles seguro de cobertura por accidentes.

Unha vez formalizada a inscrición procura avisar, no caso de non poderes asistir, co fin de deixarlles a túa praza a outras persoas interesadas.

 Procura chegar puntual ás diferentes citas.

Lembra que facer fotos ou gravar vídeos pode resultar molesto para os intérpretes e para o resto do público. Por favor, respecta as indicacións que facilite o persoal de produción.

As persoas menores de 18 anos deberán ir acompañadas por un adulto maior de

idade que se faga responsable. Non se recomenda a asistencia de menores de 8 anos, excepto que se trate de actividades especificamente deseñadas para esa franxa de idade. De asistiren, as persoas adultas coidarán, en todo momento, deles.

 

Como chegar

Para coñeceres a localización de cada un dos espazos, busca en Googlemaps o mapa de Espazos Sonoros 2018. 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos