IBERIAN CROSSROADS

Marés

foto-web-1.jpg

Patricia Cadaveira Martínez, saxofón alto e soprano
Marcel Pascual Royo, vibráfono
Juanjo Martín Martí, contrabaixo
Carlos Ronda Mas, percusión

 

Sábado 1 de setembro, 20.00 h

CONCERTO INAUGURAL

O Quinteiro de Temperán, O Grove (Pontevedra)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 10.00 h, xornada a carón das Illas Atlánticas)


Marés evoca o movemento, correntes que se mesturan. Algo que flúe nunha desorde ordenada. Marés é o mar que rodea a península e, ao tempo, a terra que traba o mar, a auga dos ríos que chegan a converterse en océano. Pero tamén é o fluxo e refluxo dos acontecementos. A ocasión artística propicia a razón última do impulso musical, un vaivén arredor do ibérico. 

Así se describe a si mesmo este grupo fundado pola galega Patricia e o catalán Marcel, dous músicos que se coñeceron durante a súa etapa académica e formativa en Portugal e que, xuntos, decidiron emprender a súa andaina como músicos profesionais, para centrar o seu traballo na exploración de músicas de influencias diversas. Autores como Falla, Granados ou Turina mestúranse co flamenco, o jazz o fado ou a canción de autor, ao tempo que afondan tamén nas raíces musicais de Galicia ou Cataluña. Estes repertorios son arranxados polo grupo para unha singular combinación de instrumentos, o saxofón, o vibráfono o contrabaixo e a percusión, que dá como resultado unha sonoridade cálida e intensa, froito do traballo minucioso da música de cámara combinado coa liberdade que achega o exercicio da improvisación.

Con estes vimbios, Marés convídanos a pasar una tarde-noite a carón das Illas Atlánticas, nunha casa de labranza reconstruída ao xeito do século XIX na que se evocarán melodías, ritmos e tradicións musicais diversas da península Ibérica.

 

www.maresmusica.wordpress.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos