CANDO AS EMOCIÓNS TRANSCENDEN AS ÉPOCAS

MÚSICA DE CÁMARA PARA CLARINETE E CORDAS 

M.Sancho Quartet

 

Nolee_Photography_.jpg

Marta Sancho Andrés, clarinete
Mario Peris Salom, violín
Francisco Javier Escobar Vidal, viola
María Isabel Figueroa Lorenzo, violonchelo

 

Sábado 15 de setembro, 19.00 h

Casa Grande de Trasalba, Amoeiro (Ourense)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 11.00 h, xornada literaria e de lecer arredor da figura de Otero Pedrayo)


Liderado pola clarinetista e profesora do Conservatorio Profesional de Música de Vigo Marta Sancho e integrado por instrumentistas profesionais e profesores dos conservatorios profesional e superior de música de Vigo, este cuarteto nace coa vontade de difundir a música de cámara, ámbito no que todos os seus membros levan xa máis dunha década traballando a través de formacións como o Trío Erkel, o Trío Kulmann ou o Cuarteto Ephimere.

O programa desta tarde convida o público a realizar unha viaxe no tempo, a emprender unha deliciosa promenade que o irá conducindo da man das súas propias emocións, para percorrer diferentes obras de distintas épocas, compostas para conxunto de clarinete e cordas, de autores como Emil Hartman, Bernhard H. Crusell, Gloria Rodríguez Gil ou David Cuevas. Ademais, no concerto levarase a cabo a estrea absoluta en España da obra Clarinet Quartet de Jeff Smallman. E todo sen perder de vista o contexto no que terá lugar o recital, a casa Grande de Cimadevila, en Trasalba, e a figura de Otero Pedrayo. Unha viaxe evocadora e inesquecible que non se pode deixar pasar…


 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos