KISS OF PEACE

HILDEGARD VON BINGEN: A VISIONARIA E A SÚA OBRA

PER-SONAT


PER-SONAT_Duo_Baptiste_-_Sabine.jpg

 

Sabine Lutzenberg, soprano
Baptiste Romain, fídula medieval e lira de arco


Domingo 30 de setembro, 19.00 h

San Pedro Fiz do Hospital, O Incio (Lugo)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 12.00 h, roteiro polo patrimonio arqueolóxico, xeolóxico e industrial do Incio)


PER-SONAT é un proxecto fundado en 2008 baixo a dirección artística de Sabine Lutzenberg, unha das figuras máis relevantes da actualidade no eido da interpretación vocal de música antiga. Este conxunto está especializado na interpretación e investigación da música medieval e do Renacemento e, xunto coa súa directora, nel participan algúns dos máis destacados protagonistas da escena actual no ámbito da interpretación historicamente informada. A idea fundamental na que centra o seu traballo é a de afrontar os diversos repertorios, bebendo directamente das fontes escritas e poñendo o acento na busca da autenticidade e da perfección, sen perder a viveza e frescura que forman tamén parte esencial destas músicas. 

Nesta ocasión, a cantante Sabine Lutzenber actuará canda o virtuoso fidulista Baptiste Romain para abordar a figura de Hildegard von Bingen, unha das personalidades máis complexas e fascinantes do século XII. O programa céntrase no Symphonia harmoniae caelestium revelationum, unha colección de 56 cantos para a liturxia e o rezo das horas, conservada no Codex Dendermonde, que probablemente foi un agasallo da propia Hildegard ao mosteiro cisterciense de Villers-la-Ville, na actual Bélxica. 

 www.per-sonat.de

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos