CONCERTO INAUGURAL
Igrexa de Santa Liberata, Baiona (Pontevedra)
Igrexa de Santo Estevo de Chouzán, Carballedo (Lugo)
(Coñece o teu patrimonio. Ás 12.00 h, tras as pegadas dunha paisaxe asolagada)
Obradoiro de achegamento á música antiga
Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, Parada de Sil (Ourense)
(Coñece o teu patrimonio. Ás 15.00 h, visita guiada polo conxunto do mosteiro)
Catedral de Tui, Tui (Pontevedra)
(Coñece o teu patrimonio. Ás 10.00 h, HORA PORTUGUESA!!!, roldas pola paisaxe organística galega)
Capela do antigo instituto-escola da Fundación Fernando Blanco, Cee (A Coruña)
Pazo do Faramello, Rois (A Coruña)
(Coñece o teu patrimonio. Ás 17.00 h, visita guiada polo pazo)
Igrexa de San Miguel de Lebosende, Leiro (Ourense)
(Coñece o teu patrimonio. Ás 15.00 h, rolda polo románico de Leiro)
CLAUSURA
Santa María de Penamaior, Becerreá (Lugo)
(Coñece o teu patrimonio. Ás 12.00 h, O Convento: historia e lendas para un lugar enigmático)
Os concertos son de balde e a entrada libre, até completar a capacidade, excepto no Pazo do Faramello, que ten prazas limitadas.
Nas actividades e concertos con prazas limitadas sinaladas no catálogo é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas a través do correo actividades@espazossonoros.org.
Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas.
Para a reserva deberase achegar o nome completo de cada unha das persoas participantes, así como un teléfono de contacto!!!.
O día da actividade deberase presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición.
Lembra que temos que ser responsables co medio e co patrimonio visitado.
Antes de participar nas actividades paralelas, asegúrate de que a ruta se adapta ás túas capacidades físicas en función do percorrido e duración. Ás persoas maiores de 75 anos non é posible ofrecerlles seguro de cobertura por accidentes.
Unha vez formalizada a inscrición procura avisar, no caso de non poderes asistir, co fin de deixar a túa praza a outras persoas interesadas.
Procura chegar puntual ás diferentes citas.
Lembra que facer fotos ou gravar vídeos pode resultar molesto para os intérpretes e para o resto do público. Por favor, respecta as indicacións que facilite o persoal de produción.
As persoas menores de 18 anos deberán ir acompañadas por un adulto maior de idade que se faga responsable. Non se recomenda a asistencia de menores de 8 anos, excepto que se trate de actividades especificamente deseñadas para esa franxa de idade. De asistiren, as persoas adultas coidarán, en todo momento, deles.
Para coñeceres a localización de cada un dos espazos, busca en Googlemaps o mapa de Espazos Sonoros 2019.