LAMENTO DE PERCEVAL

MÚSICA E LITERATURA ARREDOR DO SANTO GRAAL


Capella de Ministrers

 

Capella_Ministrers_copia.jpg 

Maria Jonas, canto e sinfonía
Carles Magraner, viella, viola e rabel
Robert Cases, laúde, arpa, cítola e vihuela de péñola
Eduard Navarro, oud, cornamusa, duduk e paku 

 

Domingo 6 de outubro, 19.00 h

CLAUSURA

Santa María de Penamaior, Becerreá (Lugo)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 12.00 h, O Convento: historia e lendas para un lugar enigmático)

 

Un apaixonante programa de concerto que abordará as músicas que axudan a trazar o camiño que percorreu, a través dos séculos, o Santo Graal, desde as cancións das Cruzadas, até os cantos dos centros de peregrinación medieval, buscando ao mesmo tempo o reflexo da literatura medieval na música e o simbolismo emblemático que o tópico do Graal adquiriu con Alfonso V “O Magnánimo”. Capella de Ministrers recompila música e poesía da Idade Media de autores como Rigaud de Berbezilh, Thibault de Champagne, Walther von der Vogelweide ou Neidhart, arredor de textos de Chrétien de Troyes, Robert de Boron ou Wolfram von Eschenbach, os pais da lenda. Trátase dunha música e dunha poesía cunha temática común, vencellada ao Graal, que convida a iniciarse na procura do coñecemento do pasado e que será interpretada nun lugar tamén emblemático, a igrexa de Santa María de Penamaior, moi preto do Cebreiro, onde, segundo a lenda, se atopa tamén un cáliz milagreiro. 

Desde a súa creación en 1987, Capella de Ministrers, baixo a dirección de Carles Magraner, desenvolve unha importante tarefa investigadora e musicolóxica no ámbito do patrimonio musical hispánico, desde o medievo ate o século XIX, tentando conxugar rigor histórico, sensibilidade musical e o desexo de facer partícipe destas experiencias a un amplo público. O grupo ten unha importante proxección, tanto a nivel da Península como ao longo de diversos escenarios do mundo, e ten gravada unha abondosa produción discográfica, distinguida polas mellores mencións e premios. 

capelladeministrers.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos