AS SONORIDADES DO TANGO: DE BACH A PIAZZOLA

Dúo Fracanapa

 

Duo_Fracanapa_878A3383_Kopie_copia.jpg     

Susanne Hofmann, violín
Matías González, bandoneón

 

Sábado 7 de setembro, 18.00 h

Igrexa de Santo Estevo de Chouzán, Carballedo (Lugo)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 12.00 h, tras as pegadas dunha paisaxe asolagada)


O dúo Fracanapa, activo a cabalo entre as cidades de Berlín e París, está especializado na interpretación, a dúo, de tango arxentino desde a perspectiva da música de cámara concertante. O seu traballo céntrase na elaboración de suxestivos e sutís arranxos de pezas clásicas do xénero para violín e bandoneón, creando músicas capaces de transmitir un espírito que vai desde o sentimento da nostalxia até unha profunda vontade de vivir. Formado por Susanne Hofmann e Matías González, o dúo vén desenvolvendo desde hai anos un intenso traballo, ao tempo que os seus integrantes colaboran como solistas con diversas orquestras sinfónicas, como a Filharmónica de Magdeburgo ou a Mitteldeutschen Kammerphilharmonie.

Nesta ocasión, propoñen un variado repertorio de arranxos de tangos de todas as épocas, desde os máis tradicionais de Carlos Gardel, até a vangarda de Piazzolla, xunto con outras delicadezas a partir de arranxos de pezas de J.S. Bach, composicións do propio Matías González ou do brasileiro Egberto Gismonti. O tango amósasenos así, revestido dun elegante estilo camerístico, capaz de apelar directamente aos corazóns dos ouvintes da man destes dous virtuosos intérpretes.

NOTA IMPORTANTE: non é posible acceder ata a igrexa en turismo. O percorrido a pé é duns 500 m aprox. Máis información sobre o lugar de estacionamento de vehículos, con coordenadas GPS, AQUÍ


fracanapa.de

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos