A POÉTICA DO ESTRAÑO

UNHA ESCOLMA DA OBRA DE BARBARA STROZZI

L’Unisoni


_DSC3283_copia.jpg Pablo_Ruibal_jpg_copia.jpg IMG_20190511_163717_copia.jpg Adrian_Linares__copia.jpg 

 

Esperanza Mara Filgueira, canto 
Uxía Delgado, tiorba e guitarra 
Adrián Linares, violín barroco 
Pablo Ruibal, viola da gamba

 

Sábado 5 de outubro, 19.00 h

Igrexa de San Miguel de Lebosende, Leiro (Ourense)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 15.00 h, rolda polo románico de Leiro)

L`Unisoni é unha agrupación liderada polo violagambista Pablo Ruibal, formada en 2018, coa intención de interpretar músicas vocais e instrumentais do Barroco. Os seus membros posúen unha grande experiencia no eido da música antiga e colaboran habitualmente con outros grupos dedicados a este repertorio, como a Nieuwe Philarmonic Utrecht, El Afecto Ilustrado, Ensemble Elyma, Capella Joanina, Ars Combinatoria, Ensemble Thesaurus, o Grupo de Música Antiga 1500 ou La Xácara, entre outros. 

A formación toma o seu nome da “Academia degli Unisoni”, unha das academias que existían na Venecia do século XVII, para discutir e poñer en práctica a “nova música”, e da que Barbara Strozzi era anfitrioa. O título do programa está tomado das Bizzarrie poetiche, de Nicolo Fontei (1635), dedicadas a esta compositora e musa de artistas. Nel farase unha escolma dalgunhas das obras mestras da autora veneciana -principalmente arias e cantatas- combinadas con outras obras instrumentais do século XVII, acordes coa estética da época, moitas delas no denominado stylus phantasticus, canda obras de autores como o compositor de óperas e mestre de Strozzi, Francesco Cavalli.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos