O SON DAS EMOCIÓNS

Mateo Arnáiz, guitarra clásica e clásico-romántica

 

Mateo_luz_copia.jpg

 

Sábado 21 de setembro, 19.00 h 

Capela do antigo instituto-escola da Fundación Fernando Blanco, Cee (A Coruña)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 16.00 h, visita guiada polo museo e os xardíns botánicos da Fundación Fernando Blanco)


Mateo Arnáiz, un dos máis consagrados guitarristas saídos dos conservatorios galegos nas últimas décadas, é, ademais de concertista cunha xa longa traxectoria, docente no Conservatorio Superior de Música da Coruña e investigador nos ámbitos da música e da psicoloxía, con diversos traballos académicos e un traballo de doutoramento sobre a interpretación musical e a ansiedade escénica. 

O programa de hoxe afonda tamén nas compoñentes psicolóxicas da música, explorando as emocións humanas e o xeito de expresalas a través do instrumento da guitarra e das composicións e improvisacións do propio guitarrista. Así, estará integrado por obras compostas por Mateo Arnáiz, arredor dos diversos estados afectivos e emocionais como o amor, a nostalxia, o medo ou a alegría. Ademais, interpretaranse obras de grandes compositores como Mauro Giulliani, un autor pertencente ao clasicismo, do que se interpretarán dúas pezas que xiran tamén arredor de diferentes estados de ánimo, e unha obra de Agustín Barrios, un dos primeiros guitarristas sudamericanos que cruzaría o océano para tocar en Europa. Completarase así unha simbólica viaxe de ida e volta polos sentimentos, a través do mesmo mar que levaría a Cuba o fundador da institución que nos acolle, Fernando Blanco de Lema.

mateoarnaiz.com

 


 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos