O FORTEPIANO DE VIENA A LONDRES

Rosalía Gómez Lasheras, fortepiano 



Rosalia_Gomez_copia.jpg

Domingo 29 de setembro, 19.00 h

Pazo do Faramello, Rois (A Coruña)

(Coñece o teu patrimonio. Ás 17.00 h, visita guiada polo pazo)

A compostelá Rosalía Gómez Lasheras é unha novísima intérprete de piano amplamente eloxiada, tanto pola crítica como por importantes personalidades do mundo da música, pola súa sobresaínte madurez artística. Na actualidade, está a desenvolver unha intensa carreira concertística ao longo de escenarios de España, Holanda, Austria, Francia, Portugal, Bélxica, Suíza, Alemaña, Rusia, Exipto ou Estados Unidos, logo de ampliar os seus estudos en Holanda e Suíza. Paralelamente á súa formación como pianista, especializouse en música antiga, estudando clave e fortepiano, na Schola Cantorum Basilensis. 

Nesta ocasión, a pianista ofrecerá un íntimo recital para fortepiano nun exemplar da súa propiedade, orixinal de 1805, que será instalado no Pazo do Faramello, e no que interpretará un repertorio clásico de finais do século XVIII e comezos do XIX, un feixe de obras de autores que compuxeron, como era natural na altura, para fortepiano: Haydn, Clementi e Beethoven. Será unha maneira de trasladarse ao ambiente das veladas que, nos salóns palacianos galegos decimonónicos, puideron ter lugar en noitiñas de outono coma esta.

Capacidade limitada a 50 prazas, é precisa inscrición

Máis información  aquí

rosaliagomezlasheras.com

 

 

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos