Edición 2021

 

  • Sábado 11 de setembro, 11.00 h

XORNADA INAUGURAL

Músicas en itinere: camiñada musical polas terras de Brión

Manseliña

San Xiao de Luaña e Santa María de Cornanda, Brión (A Coruña)

   
  • Domingo 12 de setembro, 19.00 h

Oni Wytars

San Fins de Brión (A Coruña)

Coñece o teu patrimonio. Ás 15.00 h, Galicia nos confíns da Idade Media: roteiro polas terras de Altamira

   
  • Sábado 18 de setembro, 19.00 h

DOUS

Pazo de Mariñán, Bergondo (A Coruña)

Coñece o teu patrimonio. Ás 16.30 h, visita guiada polos xardíns do Pazo de Mariñán

   
  • Domingo 19 de setembro, 19.00 h

VIVID Consort

Igrexa de Santiago de Cereixo, Vimianzo (A Coruña)

Coñece o teu patrimonio. Ás 16.30 h, Cereixo: un porto para a Historia

   
  • Sábado 25 de setembro, 19.00 h 

Xoán Curiel

Castelo de Vimianzo (A Coruña)

Coñece o teu patrimonio. Ás 16.30 h, visita guiada polo Castelo

   
  • Domingo 26 de setembro, 19.00 h

CLAUSURA

Pablo Sanmamed

Torres do Allo, Zas (A Coruña)

Coñece o teu patrimonio. Ás 16.30 h, visita guiada polas Torres e contorna

 

 

 

Debes ter en conta

 

PROTOCOLO DE ACCESO A ACTIVIDADES E CONCERTOS

Os concertos e actividades son de balde. O aforo dos diferentes espazos e actividades estará limitado, en función do disposto pola normativa vixente ante a situación epidemiolóxica derivada da pandemia da COVID-19.

Para asistir a concertos e actividades é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas. Só se admitirán reservas realizadas a través do correo actividades@espazossonoros.org. Calquera solicitude de reserva feita a través de calquera outro medio ou enderezo ou fóra de prazo non será atendida.

É precisa unha reserva por mail para cada xornada, que incluirá tanto a asistencia ao concerto como á actividade programada para ese mesmo día. Cada persoa poderá reservar un máximo de catro prazas. 

Para a reserva deberase achegar o nome completo de cada unha das persoas participantes, DNI, así como un teléfono de contacto. Deberase tamén indicar para que data e que actividade se fai a reserva. As reservas que non acheguen esta información non poderán ser atendidas, dándose prioridade ás reservas que se cursen correctamente.

O día da actividade deberase presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición. O control de inscrición farase tanto para acceso ás actividades como para os concertos.

Nas actividades ao aire libre será preciso manter as distancias de seguridade e procurar o uso de máscara cando esa distancia non sexa posible.

Nos concertos será obrigatorio:

  • Uso de máscara 
  • Desinfección de mans 
  • Distancia mínima entre persoas
  • Entrada e saída das instalacións de forma graduada mantendo a distancia de seguridade
  • Nos exteriores da porta de acceso aos concertos respectaranse as distancias interpersoais de seguridade evitando aglomeracións.
  • En todo momento, respectaranse as indicacións do persoal de produción encargado de acomodar o público.
  • A apertura de portas farase media hora antes do comezo do concerto.

Se presentas algún síntoma relacionado coa COVID-19, tos, falta de aire ou febre ( > 37 ºC), ou tiveches contacto con algunha persoa infectada nos últimos 14 días, pregamos que non participes nas actividades nin accedas ás instalacións.

Información detallada e actualización da información en www.espazossonoros.org.

A túa colaboración é imprescindible

Lembra que temos que ser responsables co medio ambiente e co patrimonio visitado.

Antes de participar nas actividades paralelas, asegúrate de que a ruta se adapta ás túas capacidades físicas en función do percorrido e duración.

Unha vez formalizada a inscrición, procura avisar no caso de non poderes asistir, co fin de deixarlles a túa praza a outras persoas interesadas.

Procura chegar puntual ás diferentes citas.

Lembra que facer fotos ou gravar vídeos pode resultar molesto para os intérpretes e para o resto do público. Por favor, respecta as indicacións que facilite o persoal de produción.

As persoas menores de 18 anos deberán ir acompañadas por un adulto maior de idade que se faga responsable. Non se recomenda a asistencia de menores de 8 anos, excepto que se trate de actividades especificamente deseñadas para esa franxa de idade. De asistiren, as persoas adultas coidarán, en todo momento, deles.

 

Como chegar

Para coñeceres a localización de cada un dos espazos, busca en Googlemaps o mapa de Espazos Sonoros 2021

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos