CANTIGAS MEDIEVAIS PARA UNHA XORNADA EN ITINERE POLAS TERRAS DE BRIÓN

Manseliña


foto_manselina_balteirada_3_copia.jpeg

María Giménez, voz, fídula oval e percusión tradicional
Tin Novio, laúde medieval
Pablo Carpintero, gaita, aerófonos e pandeiros tradicionais

 

Sábado 11 de setembro, 11.00 h

XORNADA INAUGURAL
San Xiao de Luaña e Santa María de Cornanda, Brión (A Coruña)

Inscrición para roteiro e concertos: do 6 ao 9 de setembro en actividades@espazossonoros.org 


Esta formación, que toma o seu nome do poema Sedia la fremosa, de Estêvão Coelho, xograr portugués do s. XIII, nace co obxectivo de revisar as cantigas medievais galegas, para fusionalas con exemplos de música tradicional do noroeste da Península baixo a intuición de que, ambas as músicas, teñen unha orixe común. Tras a súa presentación no ciclo Espazos Sonoros en 2017, leva xa gravados dous discos e, na actualidade, continúa a investigar sobre a pegada da materia de Bretaña na lírica galego-portuguesa.

Na xornada inaugural do festival, este grupo acompañará musicalmente o percorrido que faremos por diferentes paisaxes naturais do concello de Brión, con paradas nas igrexas de Luaña e Cornanda, con dous concertos que levan por título Sedía la fremosa, integrado por cantigas medievais e tradicionais do Noroeste peninsular e, Maria Pérez se maenfestou, con cantigas de escarnio da soldadeira e fidalga de Betanzos, María Balteira.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos