IL PARADISO DELLA MUSICA

Oni Wytars

 

OniWytars.jpg

Gabriella Aiello, voz
Peter Rabanser, voz, guitarra barroca e chalumeau 
Marco Ambrosini, nyckelharpa
Riccardo Delfino, arpa
Michael Posch, frautas
Katharina Dustmann, percusións
 

Domingo 12 de xullo, 19.00 h

Igrexa de San Fins, Brión (A Coruña)
(Coñece o teu patrimonio. Ás 15.00 h, Galicia nos confins da Idade Media: roteiro polas terras de Altamira)

Inscrición para roteiro e concerto: do 6 ao 9 de setembro en actividades@espazossonoros.org 


Oni Wytars é unha das formacións máis emblemáticas da música antiga, todo un referente neste ámbito. Con máis de trinta anos de existencia, actuaron nos máis diversos escenarios de varios continentes. O seu estilo, dificilmente clasificable pero inconfundible, nútrese de moi diversas influencias culturais e musicais, tanto na instrumentación como na interpretación, na que xoga tamén un importante papel a improvisación. 

Once anos despois de ter actuado na Illa de San Simón, este grupo volve aos Espazos Sonoros para ofrecer a súa particular visión dun paraíso musical. O programa levaranos desde a Idade Media aos comezos do século XVI, momento no que se produce na Italia un frutífero encontro entre as culturas musicais italiana e hispánica, arredor do Virreinato de Nápoles, encontro que continuaría a dar froitos tamén en séculos posteriores. Esta rexión do sur de Italia era xa, de seu, un auténtico crisol de culturas no que, ademais, tiña unha forte presenza a cultura árabe, que se mesturaba coa europea a través do Mediterráneo. Dese singular contexto nace o programa desta tarde, que ten as súas prolongacións tamén no período barroco máis temperán. Cancións populares dunha encantadora sinxeleza, procedentes das estradas de Nápoles, que falan de figuras tráxicas, de soños, da soidade, do amor, canda refinadas vilanescas, frótolas e tarantelas, mestúranse con laudas ou arias de alta e intemporal poesía. O programa estará conformado por obras do Laudario di Cortona, de Bartolomeo Tromboncino, Giovan Tomaso di Maio, Barbara Strozzi ou Ambrosio Dalza, entre outros.

oniwytars.de

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos