LABIRINTO

VIVID Consort

 

vivid_consort2_cMichael_Koenigshofer_copia.jpeg     

Christine Gnigler, frauta de bico, canto
Sheng-Fang Chiu, frauta de bico
Lorina Vallaster, frauta de bico, canto

 

Domingo 19 de setembro, 19.00 h

Santiago de Cereixo, Vimianzo, (A Coruña)
(Coñece o teu patrimonio. Ás 16.30 h, Cereixo: un porto para a Historia)

Inscrición para roteiro e concerto: do 13 ao 16 de setembro en actividades@espazossonoros.org


Integrada por tres novísimas e virtuosas frautistas, esta formación vén desenvolvendo desde 2016, data da súa creación, un frutífero traballo arredor dos repertorios tardomedievais e renacentistas para frauta, sen esquecer tampouco a música contemporánea. O grupo actúa regularmente en diversos escenarios do seu país natal, Austria, así como de Europa, ata Medio e Extremo Oriente, unidas por unha paixón, a música antiga, ámbito no que se iniciaron durante os seus estudos na Universidade das Artes e da Música de Viena, da man de mentores do talle de Thomas List ou Michael Posch, integrante do mítico Oni Wytars. O nome do grupo, Vivid”, fai referencia a un xeito de interpretar a música, limpo ao tempo que enérxico, brillante, vívido. Nos seus programas combinan o seu virtuosismo como frautistas cunhas excelentes calidades vocais. Nesta ocasión, presentan un programa centrado na música dos séculos finais da Idade Media, con obras dos máis nomeados compositores da Ars Nova e Ars Subtilior como Machaut, Dufay, Antonello da Caserta ou Johannes Ciconia, obras nas que é posible admirar unha enorme complexidade rítmica unida a drásticos e, ao tempo, subtís e refinados efectos sonoros de impresionante beleza.

www.vividconsort.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos