TREIDES COMIGO!

Xoán Curiel


Trio.jpg   

Xoán Curiel, guitarras e voz
Iris Gey, voz
Carlos Freire, percusión 
Bleuenn Le Friec, arpa 
Álex Salgueiro, frautas 

 

Sábado 25 de setembro, 19.00 h

Castelo de Vimianzo, Vimianzo (A Coruña)
(Coñece o teu patrimonio. Ás 16.30 h, visita guiada polo Castelo)

Inscrición para visita e concerto: do 20 ao 23 de setembro en actividades@espazossonoros.org


Treides Comigo! preséntase como un espectáculo de “pop medieval”, unha fusión do antigo e do contemporáneo arredor das cantigas da lírica medieval galego-portuguesa e da figura de trobadores vinculados a diferentes Camiños de Santiago. Nel reinterprétanse e ponse música a cantigas que están na nómina de autores activos hai case un milenio, achegando unha visión persoal e contemporánea. 

Xoán Curiel é un dos artistas máis prolíficos do panorama musical galego. Cantante, letrista, arranxista, fai do seu traballo un exercicio constante de liberdade creativa, sempre na procura de novas sonoridades, cores e ritmos. Logo de case vinte anos de traxectoria e recoñecementos, de viaxes arredor do mundo lusófono e latino, achégase de novo aos Espazos Sonoros para presentar, no Castelo de Vimianzo, Treides Comigo!, un traballo de madurez no que conta coa voz de Iris Gey e outras colaboracións de excepción, como a arpista Bleuenn Le Friec.

xoancuriel.com

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos