OS CAMIÑOS EUROPEOS DA MÚSICA

Ana Aguado, órgano 

 

Ana_Aguado_Foto_Sta._MM_1.jpg

 

Venres 23 de setembro, 20.30 h 

Mosteiro de San Paio de Antealtares, Santiago de Compostela (A Coruña)
(Coñece o teu patrimonio. A soas cos órganos: conversa con Ana Aguado)

 

Ana Aguado é unha das máis prometedoras organistas do ámbito musical peninsular. Formada en diferentes centros de referencia en Ámsterdam, Toulouse ou Palencia, a súa cidade natal, foi organista residente e profesora do Pôle basque de recherche, d’études, de pratique et de diffusion de l’orgue, da rexión de Hendaya e San Juan de Luz, profesora de órgano no Conservatorio Superior de Música de Málaga e do Conservatorio Profesional de León. Ademais é presidenta da Asociación Cultural “Tadeo Ortega”, adicada á preservación e difusión do patrimonio organístico na rexión de Tierra de Campos. Como concertista, leva ofrecidos, desde os quince anos, numerosos concertos en importantes festivais de música e cidades como Barcelona, Cuenca, Cremona, Amsterdam, Alkmaar ou Manila, e varios dos seus concertos foron retransmitidos por Radio Clásica de RNE e Catalunya Música.

O programa de concerto fará un percorrido a través de diferentes países europeos, Alemaña, Holanda, Francia ou Italia, pasando tamén pola Península Ibérica, cunha selección de autores que van do século XVI ao XVIII, entre eles, Pachelbel, Cabezón, Sweelinck, ou Olagüe.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos