AUSTRIA IMPERIALIS

MÚSICA  INSTRUMENTAL VIRTUOSA DA CORTE IMPERIAL DOS HABSBURGO

Austrian Baroque Company

 

Oman_-_1.jpeg

Florian Hasenburger,  violín barroco 
Michael Oman, frautas de bico
Martina Schobersberger, clave
Daniel Oman, guitarra barroca
Wolfgang Heiler, fagot barroco

 

Domingo 18 de setembro, 19.00 h 

San Xiao de Bastavales, Brión (A Coruña)
(Coñece o teu patrimonio. Ás 15.30 h, Ruta polas terras rosalianas)

 

Obras de Schmelzer, Muffat, Bertali, Mealli, Froberger e Vivaldi, entre outros

A Austrian Baroque Company é unha formación de cámara austríaca de renome internacional especializada na interpretación da música instrumental e vocal europea dos séculos XVI-XVIII. Conformado por nomeados especialistas formados nas máis prestixiosas universidades de Europa, os seus programas tentan subtraer a música da súa retórica tradicional para transmitir ao público toda a súa emoción, tarefas nas que destaca a carismática presenza do seu director, o virtuoso frautista Michael Oman. Desde a súa formación, en 2001, protagonizaron concertos nas máis importantes salas e festivais internacionais de Europa, América e Asia. A súa música foi calificada pola prensa como explosiva, brillante, un xenuíno swig barroco e as súas interpretacións destacan por ter un estilo persoal e inconfundible, caracterizado por unha extrema viveza, virtuosismo e emocionalidade que non deixa indiferentes aos ouvintes e que os levou, ao longo das dúas últimas décadas, a convertirse nun dos referentes do panorama musical austríaco e a conquistar a escena musical internacional. 

abcmusic.at

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos