DOUS MARES

MÚSICAS ENTRE DOUS MUNDOS 

Proxecto Dous Mares & Grupo 1500


IMG_1512_copia.jpg

Diana Baroni, voz e traverso
Rafael Guel, guitarra barroca e percusións

 

Grupo 1500
Lorina Vallaster, voz e frautas
Belén Bermejo, voz e percusións
Roberto Santamarina, violín barroco e fídula
José Manuel Díaz, contrabaixo
Andrés Díaz, frautas, vihuela, cítola e dirección

 

Sábado 3 de setembro, 19.00 h

CONCERTO INAUGURAL
Santa María dos Ánxeles, Brión (A Coruña)

 

Obras dos cancioneiros de Palacio, Elvas, de Martin i Coll, Gaspar Fernández, e sons tradicionais de México, entre outras.

A chegada ao Novo Mundo supuxo un xiro copernicán na historia moderna. Especificamente no musical, houbo un pronto recoñecemento mutuo entre pobos que se confrontaban na conquista, mais para os que a música era un xeito de vida e expresión consubstancial á propia existencia diaria. Do encontro entre as músicas ibéricas e as que se facían en América Central e do Sur, xurdiu un rico verxel de melodías e ritmos novos e orixinais, que aínda hoxe perduran. O programa trata de dar mostra dese frutífero encontro, mesturando músicas dun lado e outro do océano, facendo ao tempo unha alegórica homenaxe ao mar polo que viaxaron, de ida e volta, eses ritmos e estilos musicais, os instrumentos e mesmo os propios músicos. Esa simbiose estará representada a través dunha formación musical que simboliza ese encontro, a carismática frautista e cantante arxentina Diana Baroni, canda o multiinstrumentista Rafael Guel, xúntanse con músicos galegos que navegan por diferentes estilos e influencias, desde a música antiga ao jazz, para ofrecer unha apaixonante travesía polos mares, entre dous continentes.

dianabaroni.com

grupo1500.es

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos