MONIALIBUS EST NECESSARIA MUSICA

MÚSICA DAS BENEDITINAS DO PORTO  (ss. XVIII e XIX)

Favola d’Argo

 

Favola_.jpg

Rosana Orsini, soprano
Veronica Febbi, arpa barroca
Marco Aurélio Brescia, órgano

 

Domingo 25 de setembro, 20.30 h

CLAUSURA
Mosteiro de San Paio de Antealtares, Santiago de Compostela (A Coruña)

 

O ensemble Favola d’Argo é unha formación fundada e dirixida polos músicos italobrasileiros Rosana Orsini e Marco Aurélio Brescia, que colabora habitualmente con artistas de diversa procedencia, nomeadamente de Portugal, Galicia e Italia, todas elas persoas especializadas na interpretación histórica de música antiga e formadas nalgúns dos máis importantes centros de ensino europeos. O proxecto centra o seu traballo no repertorio musical e artístico iberoitaliano, con especial atención á música de orixe portuguesa e napolitana. 

Nesta ocasión, o grupo presenta unha singular combinación de órgano, arpa e voz, algo que era habitual nas capelas das catedrais e na práctica musical dos mosteiros desde o Renacemento. Con ela, interpretarán un programa de músicas escritas na transición entre os séculos XVIII e XIX, por compositores do talle de António da Silva Leite e Frei José de São Boaventura, para atender á prolífica demanda das monxas portuenses do antigo Mosteiro de São Bento da Avé-Maria do Porto, unhas músicas que, polo seu virtuosismo, continúan a cativar os ouvintes dous séculos máis tarde.

 

marcobrescia.com


2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos