SEICENTO E SECONDA PRATTICA

La Spagnoletta

 

Spagnoletta__copia.jpeg

 
Miguel Ulla, contratenor
María Fraile, frautas de bico
Uxía Delgado, teorba e guitarra barroca
Pablo Ruibal, violas da gamba e guitarra barroca 

 

Sábado 10 de setembro, 19.00 h

Convento do Rosario, San Sadurniño (A Coruña)
(Coñece o teu patrimonio. Ás 15.30 h, visita guiada polo castelo de Naraío)

 

La Spagnoletta é unha formación galega adicada á interpretación de música antiga, de recente creación e formada arredor do contratenor Miguel Ulla, un dos novos e máis prometedores valores da escena musical galega. O grupo está integrado por músicos con ampla experiencia nos períodos renacentista e barroco e emprega nas súas interpretacións, técnicas e instrumentos da época para a que foron concibidas as diferentes obras.

Para a ocasión, o grupo presenta un programa composto por arias de ópera e extractos de cantatas dos séculos XVII e XVIII, música fundamentalmente vocal de diversas partes de Europa, concibida en diferentes momentos do Barroco musical, mais tomando como centro o Seicento italiano. Nel atoparemos, desde grandes figuras como Claudio Monteverdi ou Alessandro Scarlatti, até compositores menos coñecidos, mais non menos brillantes, como Francesco Gasparini ou Michelangelo Falvetti, do que o grupo tocará pezas inéditas. Xunto a estas pezas vocais ofrécese, ademais, un feixe de pezas instrumentais como son as folías, chaconas, grounds, variacións e outras diferencias sobre un baixo. 

miguel-ulla-berdullas.es

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos