A ARPA REAL

UNHA SOIRÉE DE IMPROVISACIÓNS PARA ARPAS MEDIEVAIS

Manuel Vilas

 

Manuel_-_1.jpg

 

Domingo 4 de setembro, 15.30 h (encontro no centro de interpretación e subida ao mosteiro)

San Xoán de Caaveiro, A Capela (A Coruña)
(Coñece o teu patrimonio. Visita ao Mosteiro de Caaveiro)

 

O arpista galego Manuel Vilas, un dos máis recoñecidos arpistas, especializado na interpretación e estudo das arpas históricas, presenta un programa no que se pretende reconstruír o que puido ser unha velada de músicas para arpa solista na Idade Media, con músicas e improvisacións dos séculos XII a XV. A arpa era un instrumento imprescindible na práctica musical no medievo, e non só para acompañar a voz, senón tamén como instrumento solista, aspecto este apoiado en sobradas evidencias literarias, históricas e iconográficas. Aínda que non se conservan músicas escritas para arpa dese tempo, é posible deducir que, nas interpretacións, tería un papel fundamental a compoñente improvisatoria, da que poderemos gozar hoxe no concerto. Nel empregaranse diferentes arpas históricas, construídas grazas ao minucioso traballo e estudo que, desde hai décadas, se vén desenvolvendo en prestixiosos obradoiros de lutería en toda Europa. Ademais, o encontro co arpista terá unha forte carga didáctica, a través das explicacións que este irá facendo arredor dos instrumentos e as músicas que se irán interpretando.

2012 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos