
Sábado 26 de setembro, 17.00 h.
Ás 20.30 h, concerto de Sara Ruiz na igrexa de Santiago da Pobra do Deán
A Pobra de Valle-Inclán: un paseo entre historia e literatura
A Pobra do Caramiñal é unha vila de fonda raíz histórica, situada na cara sur da península do Barbanza, asomada á beira norte da ría de Arousa. Este percorrido, seguindo o trazado do antigo camiño real, permitiranos coñecer a orixe medieval da vila, a súa configuración urbana e descubrir, ao tempo, algúns dos seus edificios máis emblemáticos, tanto relixiosos como civís —entre eles, as igrexas e o teatro Elma—, para adentrármonos tamén na historia e nas lendas relacionadas con esta vila mariñeira e importante enclave do Camiño de Santiago.
Pechando o percorrido, visitaremos o Museo Valle-Inclán, situado na Torre de Bermúdez, un edificio do século XVI vinculado á familia do escritor galego Ramón del Valle-Inclán. A visita permitirá afondar na vida do autor e na súa produción artística, situando a súa figura no contexto social e histórico da época que lle tocou vivir.
Hora e lugar de encontro: 17.00 h, no Museo Valle-Inclán
Coordenadas GPS: 42.60353, -8.937622
Duración do percorrido e visita: 2 horas e media aprox.
Dificultade: baixa
Capacidade máxima: 60 persoas
Inscrición: do 22 ao 24 de setembro en actividades@espazossonoros.org
