Foto de Betanzos Casa Núñez

Sábado 12 de setembro, 16.00 h.
Ás 19.00 h, concerto de Das Kolorit no Teatro-Cine Alfonsetti

Percorrido polo Betanzos monumental

A vila de Betanzos, unha das cidades máis relevantes do antigo Reino de Galicia, conserva un dos conxuntos monumentais máis singulares do país. Para afondar na súa configuración, faremos un percorrido polo núcleo histórico que nos permitirá comprender a evolución da cidade e a súa importancia como enclave comercial, portuario e centro político, administrativo e xudicial.

O percorrido parte da praza dos Irmáns García Naveira e atravesa diferentes puntos e edificios de interese, tanto relixiosos —como as igrexas de Santiago e Santa María do Azougue— como civís, entre eles, a Porta da Ponte Vella e algúns dos elementos modernistas máis salientables da vila. A visita incluirá tamén a Casa Núñez, sede da Fundación CIEC, un destacado edificio deseñado polo arquitecto coruñés Rafael González Villar.

Hora e lugar de encontro: 16.00 h, praza Irmáns García Naveira, diante da estatua dos Irmáns García Naveira
Coordenadas GPS: 43.27924, -8.210632
Duración do percorrido: 2 h aprox.
Dificultade: baixa
Capacidade máxima: 65 persoas
Inscrición: do 8 ao 10 de setembro en actividades@espazossonoros.org