Dúo Abeiro

Domingo 27 de setembro, 19.00 h, Ecomuseo Forno do Forte, Malpica. Coñece o teu patrimoino. Ás 12.00 h, O Forno do Forte: barro, oficio e tradición.

Dúo Abeiro

RAÍCES


Millán Abeledo, vilonchelo
Xosé A. Rodríguez, guitarra

Aínda que non é insólita, a combinación de violonchelo e guitarra segue sendo unha fórmula pouco habitual nos escenarios de todo o mundo. Porén, existe un magnífico repertorio orixinal de autores ben coñecidos, sobre todo do século XX, que cultivaron esta formación, e certamente ambos os instrumentos constitúen unha fonte moi rica en sonoridades, timbres e técnicas que permiten traballar todos os aspectos expresivos da música de cámara.

Coa vontade de poñer en valor o dúo de chelo e guitarra e os seus repertorios, e de ofrecer ao público unha nova perspectiva da música de cámara, nace o Dúo Abeiro, formado por dous músicos galegos de longa traxectoria e con intereses musicais diversos.

A música de autores como Manuel de Falla, Dušan Bogdanović, Atanas Ourkouzounov, Jaime Zenamon ou Andrés Gaos enfróntase así a unha nova lectura e escoita desde a perspectiva que lle proporcionan as cores destes dous instrumentos.