Prazos de inscrición

>> Visita guiada á igrexa de San Tomé de Monteagudo, sábado 5 de setembro, 18.00 h

>> Percorrido polo Betanzos monumental, sábado 12 de setembro, 16.00 h

>> Pequeno percorrido polos muíños do río das Gándaras, sábado 19 de setembro, 16.00 h

>> A Pobra de Valle-Inclán: un paseo entre historia e literatura, sábado 26 de setembro, 17.00 h

>> O Forno do Forte: barro, oficio e tradición, domingo 27 de setembro, 12.00 h

>> Visita contada por Quico Cadaval á igrexa de Santa María de Cuíña, sábado 3 de outubro 16.00 h

➡️ Do 1 ao 3 de setembro en actividades@espazossonoros.org

➡️ Do 8 ao 10 de setembro en actividades@espazossonoros.org

➡️ Do 15 ao 17 de setembro en actividades@espazossonoros.org

➡️ Do 22 ao 24 de setembro en actividades@espazossonoros.org

➡️ Do 22 ao 24 de setembro en actividades@espazossonoros.org

➡️ Do 29 de setembro ao 1 de outubro en actividades@espazossonoros.org

COMO CHEGAR:

Para coñeceres a localización de cada un dos espazos, busca en Googlemaps o mapa de Espazos Sonoros 2026. 

DEBES TER EN CONTA:

Os concertos son de balde e a entrada libre até completar a capacidade.

Nas actividades con prazas limitadas é imprescindible a inscrición previa nas datas establecidas. Deberase indicar expresamente para que data e que actividade se fai a reserva. É precisa unha reserva para cada actividade. Só se admitirán reservas realizadas a través do correo actividades@espazossonoros.org. Calquera solicitude de reserva feita a través de calquera outro medio ou enderezo ou fóra de prazo non será atendida.

Cada persoa poderá realizar un máximo de catro reservas. Para a reserva deberase achegar un teléfono de contacto, así como o nome completo de cada unha das persoas participantes. O día da actividade deberase presentar o código de referencia facilitado por correo electrónico coa formalización da inscrición.

As condicións de acceso ao Serán Galego en Viena, na Sargfabrik, pódense consultar na súa páxina web sargfabrik.at 

A túa colaboración é imprescindible

• Lembra que temos que ser responsables co medio ambiente e co patrimonio visitado.
• Antes de participar nas actividades, asegúrate de que a ruta se adapta ás túas capacidades físicas en función do percorrido e duración.
• Unha vez formalizada a inscrición, procura avisar, no caso de non poderes asistir, co fin de deixarlles a túa praza a outras persoas interesadas.
• Procura chegar puntual ás diferentes citas.
• Lembra que facer fotos ou gravar vídeos pode resultar molesto para os intérpretes e para o resto do público. Por favor, respecta as indicacións que · facilite o persoal de produción.
• As persoas menores de 18 anos deberán ir acompañadas por un adulto maior de idade que se faga responsable. Non se recomenda a asistencia de menores de 8 anos, excepto que se trate de actividades especificamente deseñadas para esa franxa de idade. De asistiren, as persoas adultas coidarán, en todo momento, deles.


Logos da Deputación da Coruña e das entidades colaboradoras de Espazos Sonoros.