
Sábado 3 de outubro, 16.00 h.
Ás 19.00 h, concerto do Grupo 1500 na igrexa de San Nicolao de Cis
Visita contada por Quico Cadaval á igrexa de Santa María de Cuíña, Oza Cesuras
Como complemento a unha tarde de música en San Nicolao de Cis, teremos a oportunidade de visitar a veciña igrexa de Santa María de Cuíña, un templo construído entre finais do século XII e o XIII, que alberga unha notable colección de pinturas do século XVI.
O noso guía será Quico Cadaval, e o obxectivo non é unicamente ofrecer unha visita patrimonial senón, en conexión co concerto do Grupo 1500 —que terá lugar na igrexa de Cis—, prolongar musicalmente a experiencia narrativa e inmersiva arredor da concepción medieval da morte no Reino de Galicia: os rituais funerarios, a arte tumularia, os prantos, as procesións, as lendas populares e a presenza constante do alén na vida cotiá.
Precisamente na igrexa de Cuíña, se atopa unha interesante representación da Morte que permite achegarse a esa visión medieval na que o alén e a fin da vida estaban presentes de maneira constante. A través dunha narración en movemento, que comezará en San Nicolao de Cis e na que Quico Cadaval activa a tradición oral, a ironía, o humor e a reflexión histórica, o patrimonio transfórmase nun relato compartido.
Hora e lugar de encontro: 16.00 h, na igrexa de San Nicolao de Cis
Coordenadas GPS: 43.22183, -8.221510
Duración do percorrido e visita: 2 h aprox.
Distancia a pé: 3 Km.
Dificultade: baixa
Capacidade máxima: 60 persoas
Inscrición: do 29 de setembro ao 1 de outubro en actividades@espazossonoros.org
