Política de privacidade
Responsable do tratamento
O responsable do tratamento dos datos persoais é Sirgo Torcendo, S.L., con CIF B70111984, titular do sitio web espazossonoros.org.
Correo electrónico de contacto: producion@espazossonoros.org.
Finalidade do tratamento
Os datos persoais facilitados a través do formulario de contacto (nome, correo electrónico e mensaxe) utilizaranse exclusivamente para responder ás consultas recibidas.
Se a persoa interesada solicita expresamente ser incluída no boletín de novas de Espazos Sonoros, o seu enderezo de correo electrónico utilizarase tamén para ese fin.
Base xurídica
A base legal para o tratamento dos datos é o consentimento da persoa interesada, prestado mediante o envío voluntario do formulario de contacto ou mediante a solicitude expresa de inclusión no boletín de novas.
O consentimento poderá retirarse en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento realizado con anterioridade.
Conservación dos datos
Os datos conservaranse durante o tempo necesario para atender a consulta formulada e, se procede, mentres a persoa interesada permaneza inscrita no boletín de novas. Posteriormente conservaranse unicamente durante os prazos establecidos pola lexislación aplicable.
Destinatarios
Os datos non serán cedidos a terceiros, salvo por obriga legal.
No caso das persoas que soliciten recibir o boletín de novas, o enderezo de correo electrónico será tratado a través da plataforma Mailchimp, empregada para o envío das comunicacións electrónicas.
A utilización desta plataforma pode implicar transferencias internacionais de datos aos Estados Unidos. Mailchimp declara aplicar as garantías previstas pola normativa europea de protección de datos, incluído o Marco de Privacidade de Datos UE-EE. UU. e, cando corresponda, as cláusulas contractuais tipo aprobadas pola Comisión Europea.
Dereitos das persoas interesadas
As persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos seus datos escribindo a producion@espazossonoros.org.
Así mesmo, poden retirar o consentimento prestado en calquera momento.
Se consideran que o tratamento dos seus datos non se axusta á normativa vixente, poden presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
Decisións automatizadas
Non se realizan decisións automatizadas nin se elaboran perfís cos datos persoais facilitados a través desta páxina web.
