Santo Tomé de Monteagudo

Sábado 5 de outubro, 18.00 h.
Ás 20.00 h, concerto de Le Miroir de Musique en San Tomé de Monteagudo

Visita guiada á igrexa de San Tomé de Monteagudo, Arteixo

Para abrir a XIX edición do festival Espazos Sonoros, dirixirémonos ao concello de Arteixo, até San Tomé de Monteagudo, unha pequena igrexa de tres ábsidas románicas que se atopa nunha zona elevada, resgardada ao norte polo monte da Pedra Vella e ao sur polo Picoto da Veiga, nun contexto xeográfico de fonda pegada patrimonial medieval.

Esta igrexa pertenceu no seu día a un antigo mosteiro e é o único elemento que del se conserva. Arredor dela foi conformándose ao longo do tempo un núcleo rural que, na Idade Media, aparece documentado como Casal do Mosteiro.

Alí poderemos afondar na historia deste singular edificio e da súa contorna da man da profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, Estefanía López Salas, percorrendo os séculos de maior esplendor do mosteiro até a súa decadencia cara ao final da Idade Media.

Hora e lugar de encontro: 18.00 h, no adro da igrexa
Coordenadas GPS: 43.28413, -8.577423
Inscrición: non é precisa inscrición