Ecoumuseo Forno do Forte

Domingo 27 de setembro, 12.00 h.
Ás 19.00 h, concerto do Dúo Abeiro no Forno do Forte

O Forno do Forte: barro, oficio e tradición, Malpica

Buño convértese nesta xornada no escenario dunha intensa programación de actividades arredor do antigo oficio da olaría, que durante séculos estivo profundamente ligado á súa historia e á súa economía local. Visitaremos o Ecomuseo Forno do Forte, un conxunto de antigas casas nas que vivían e traballaban familias dedicadas á olaría e no que aínda se conservan o forno comunal, o alboio e un hórreo.

Ademais, contaremos coa presenza dun oleiro que fará demostracións en vivo do seu oficio ao torno e poderemos participar nun obradoiro de modelado do barro.

Plan da xornada
12.00 h — Encontro na entrada do Ecomuseo Forno do Forte e inicio das actividades
14.00 h — Xantar libre
16.00 h — Continúan as actividades
18.30 h — Apertura de portas para o concerto do grupo Abeiro
Coordenadas GPS: 43.26851, -8.782366
Capacidade máxima: 75 persoas
Inscrición: do 22 ao 24 de setembro en actividades@espazossonoros.org